Guadalupe
Martínez, a profesora de Latín de 4º ESO, ideou e levou á práctica un PBL
(Aprendizaxe Baseado en Problemas ou "Problem Based Learning", en
inglés). Neste post cóntanos en que consistiu e achéganos algunhas fotos que
recollen distintos momentos da experiencia.
PBL
DE CULTURA ROMANA “VIVAMOS COMA DEUSES” (LATÍN 4º ESO)
Inmersos
como estamos nas novas metodoloxías de innovación educativa, e aproveitando que
se nos encargou a tarefa de traballalas nas programacións de aula deste curso,
quixen escoller na materia de Latín de 4ºESO tres temas relacionados coa
cultura e civilización romanas que desen xogo para poder aplicalas.
Na
primeira avaliación deste curso, concretamente, o tema no que os alumnos
traballaron e aplicaron estas novas metodoloxías foi “A RELIXIÓN ROMANA” e,
botando man do slogan do anuncio publicitario dunha coñecida marca de
supermercados galegos, creei un PBL titulado “VIVAMOS COMA DEUSES”.
Nese
PBL introducín o tema e as actividades relacionadas coa relixión romana
presentando aos alumnos a seguinte historia:
“Hai moitos, moitísimos anos, Xúpiter
confinouvos no máis profundo do Tártaro. Acusouvos dun delito que non puidestes
cometer, pois non tivestes nin medios nin ocasión. Dende aquela, os vosos
únicos compañeiros foron os condenados a penar nese lugar, que cumpren castigo
polos pecados cometidos. O voso castigo é durmir ata que vexades o amencer,
pero, cada vez que albiscades o lumbrigar do sol polo leste, este desanda o
camiño para iniciar o oposto e, cando parece que vai asomar polo oeste,
emprende o camiño contrario.
Agora, nun descoido dos deuses, e grazas a
Mercurio, que quere “humanizar” o Olimpo ante o insufrible comportamento dalgunhas
deidades, tedes a oportunidade de desquitarvos. Co voso enxeño e maña poderedes
volver, de novo, á vida, pero non a calquera tipo de vida. Poderedes vivir como
o fai un deus instalado no Olimpo, pero, incluso, poderedes chegar a máis.
Teredes que superar obstáculos que vos
parecerán inexpugnables, para o que contaredes con algunha que outra axuda
complementaria. Teredes que saír do Tártaro e pasar unha serie de probas que
vos permitan coñecer moi ben a vida das múltiples divindades que xogan co voso
destino e imitalas ata chegar ás mesmas abas do monte Olimpo, a morada dos
deuses, para convertervos nunha máis delas.
Na aula contaredes coa guía e a orientación
do deus Mercurio (profesora), mensaxeiro dos deuses e amigo de comerciantes e
viaxeiros, cuxos atributos conterán as indicacións precisas para iniciar a vosa
viaxe. A el poderedes recorrer en todo momento, pero iso suporá atrasar unha
xornada a chegada ao voso obxectivo final, o Olimpo”.
Chegar a vivir coma deuses, requiriu que no camiño ao Olimpo os alumnos, distribuídos en equipos cooperativos, afrontaran varias probas:
Traballo cooperativo. |
1. Pescudar os atributos do deus Mercurio para atopar as pistas que os
levaron ao comezo do camiño.
Pescuda de información. |
Atributos de Mercurio. |
2. Coñecer o panteón clásico grego e
romano, comparando e contrastando as súas semellanzas e diferenzas para evitar
errar o destino final.
Compara e contrasta. |
3. Documentárense da forma máis detallada posible de
dúas divindades asignadas a cada grupo para coñecer e imitar (xenealoxía,
calidades, atributos...) na súa chegada ao Olimpo e facérense pasar por elas.
CSI. |
Elaboración dos murais. |
4. Pescudar algún mito no que esas divindades xogaron un papel fundamental para relatar aos seus compañeiros condenados e amenizar a longa viaxe.
5. Presentárense,
unha vez chegados ao Olimpo, ante o resto de divindades e instalárense no seu
novo fogar.
Exposicións orais. |
Exposicións no corredor. |
ACTIVIDADE
|
MOI
BEN (4)
|
BEN
(3)
|
REGULAR
(2)
|
MAL
(1)
|
PUNTUACIÓN
|
Traballo cooperativo
|
Todos os membros do
grupo participan con entusiasmo nas diferentes actividades propostas.
|
Polo menos ¾ dos
membros do grupo participan activamente nas diferentes actividades propostas.
|
Polo menos a metade
dos membros do grupo participa nas diferentes actividades propostas.
|
Só unha persoa ou
ninguén participa nas actividades propostas.
|
|
Destreza
“Compara e Contrasta”
|
A ficha complétase
na súa totalidade, os contidos son coherentes e responden ao esixido.
|
A ficha complétase
parcialmente, os contidos son coherentes e responden ao esixido.
|
A ficha complétase
na súa totalidade, pero os contidos non son coherentes nin responden ao
esixido.
|
A ficha complétase
parcialmente (ou non se cubre), pero os contidos non son coherentes nin
responden ao esixido.
|
|
Lectura compartida
|
Todos os membros do
grupo participan de maneira activa na actividade.
|
Polo menos ¾ dos
membros do grupo participan activamente na actividade.
|
Polo menos a metade
dos membros do grupo participa na actividade.
|
Ningún dos membros
do grupo participa na actividade.
|
|
Rutina
“CSI”
|
Todos os membros do
grupo realizan de maneira completa esta rutina.
|
Algúns membros do
grupo realizan de maneira completa esta rutina.
|
Todos ou algúns
membros do grupo realizan de maneira parcial esta rutina.
|
Só un membro do
grupo ou ninguén realiza de maneira
completa ou parcial esta rutina.
|
|
Relato oral cooperativo
|
Todos os membros do
grupo participan de maneira activa e equitativa nesta actividade.
|
Gran parte dos
membros do grupo participa de maneira activa e equitativa nesta actividade.
|
A metade dos membro
do grupo participa de maneira activa
nesta actividade.
|
Só un membro do grupo ou ninguén participa nesta
actividade.
|
|
Mural
|
Todos os membros do
grupo participan de maneira activa e creativa nesta actividade e o resultado final é o
esixido.
|
Polo menos ¾ dos
membros do grupo participan de maneira activa e creativa nesta actividade e o
resultado final é o esixido.
|
Polo menos a metade
dos membros do grupo participa de maneira activa nesta actividade e o
resultado final é normal.
|
Só un membro do
grupo ou ninguén participa nesta actividade e o resultado final non é o esixido.
|
|
TOTAL:
|
[
Bravo y a seguir trabajando así, equipazo!
ResponderEliminar