El
lunes 7 de noviembre los alumnos de Primaria encontraron en el colegio el Mercado de San José, dando lugar así al
inicio de un proyecto interdisciplinar sobre la alimentación y los hábitos
saludables.
Además
de un restaurante en el hall, pudieron ver en sus pasillos la entrada al gran
mercado, compuesto por múltiples puestos de alimentosen las
puertas de cada aula. Además, una gran pirámide de alimentos que fueron
rellenando, acompañaría el aprendizaje de esas semanas.
El
proyecto se realizó en los cursos de 3º, 4º 5º y 6º de Educación Primaria e
integró las diferentes materias.
Las
actividades programadas, además de integrar contenidos, buscaron la motivacióndel
alumnado y la organización de su aprendizaje a través de rutinas y destrezas de
pensamiento, así como del trabajo en equipo con estrategias de trabajo
cooperativo.
Durante dos semanas llevamos a cabo las siguientes
actividades:
Lengua Castellana y Lingua Galega
-Redacción de una
receta adecuada para la merienda del recreo.
-Redacción de un slogan
para animar a los alumnos del centro a tener una alimentación sana.
-Salida al supermercado
del barrio.
-Elaboración de una
circular informativa (carta) para las familias concienciando sobre la necesidad
de meriendas saludables en los recreos.
Convite a las familias.
Matemáticas
-Producción de una
receta atendiendo a las unidades de medida apropiadas para la elaboración del
plato.
-Análisis de los
resultados de una encuesta sobre los hábitos alimenticios de los alumnos y
redacción del informe.
-Elaboración de un
presupuesto ajustado para la compra de los alimentos necesarios para la
elaboración de las recetas.
Inglés: elaboración de un menú semanal saludable y equilibrado.
Ciencias Naturales
-Investigación sobre
los diferentes tipos de alimentos y elaboración de la pirámide de alimentos.
Alumnos y profes junto a la pirámide de alimentos.
Ciencias Sociales
-Estudio sobre los
cultivos propios de cada estación.
-Análisis de los símbolos que a parecen en los envases y su significado.
-Rodaje de un anuncio
para animar a los consumidores a tener una dieta saludable.
-Concurso de carteles
para celebrar el Día Mundial de la Alimentación.
-Búsqueda de
información sobre los Bancos de Alimentos.
Música: realización de una coreografía con una canción sobre los alimentos.
Plástica: elaboración del traje de cocinero.
Religión: valoración de las diferentes formas de bendecir una mesa.
Os invitamos a que veáis la galería completa de fotos en este enlace. Feliz Navidad y que el año 2017 venga repleto de proyectos.
La profesora Alejandra Freire nos resume el trabajo realizado con el proyecto deInfantil y 1º de Primaria "A fraga encantada", finalizado recientemente.
Durante cinco semanas tratamos de conocer la fraga gallega.
Para ello, en primer lugar, nos acercamos a ese hermoso ecosistemamediante
la decoración de nuestro pasillo, en el que encontramos árboles, setas e
incluso elementos del imaginario popular como las hadas del bosque.
Poco a poco nos
fuimos adentrando en la realidad profunda de la fraga y conociendo elementos menos visibles, como los
animales, con ayuda de trabajos que nuestros
alumnos traían de casa y estructuras cooperativas como el "folio giratorio" y "qué sé,
qué quiero saber y qué he aprendido".
Además, realizamos actividades lúdicas y enriquecedoras a la vez,comopracticar yoga siguiendo las indicaciones de unas
hadas que nos contaban un cuento.
Para terminar, hicimos una fiesta todos
juntos en la que compartimos nuestra canciones, poesías e, incluso,
bailes. En los siguientes vídeos se recoge ese espíritu. Esperamos que os gusten.
Entrevistamos a Roberto Catoira, profesor de Matemáticas de
ESO e Bacharelato do noso centro, e responsable do programa radiofónico “A Fume
de Carozo”, que cumpre nada menos que 200 programas desde o comezo da emisión.
Falamos con el tanto de AF/DC (así son as súas siglas, xogando co nome dunha
coñecida banda) como doutras iniciativas innovadoras nas que se embarcou.
-Cando e como xurdiu a idea dun programa de radio a nivel
escolar?
Ao redor dos anos 2008-2009 varios dos profesores do centro
que estabamos implicados no eido da dinamización lingüística asistiamos a
moitos encontros, xornadas e congresos sobre esa temática. E alí insistíase
moito en que unha das grandes eivas do galego era a perda progresiva da
oralidade. Que se facían moitas revistas, carteis ou festas populares, pero que
non se falaba. E neses congresos saíron varias experiencias de centros que
facían radio porque tiñan a emisora no propio centro. Obviamente, os demais
viamos esas ponencias con moita envexa, porque semellaban ciencia ficción. Pero
hai algúns aos que “a cabeza non nos para” e buscamos alternativas para levar a
cabo un proxecto dese tipo ou similar.
-Que aporta no proceso de formación dos alumnos a
experiencia de gravar o programa?
Non creo que eu sexa a persoa máis indicada para falar diso,
sobre todo pola gran variedade de circunstancias. Supoño que non será o mesmo
falar de alumnado de Primaria que de Secundaria ou Bacharelato. Que non será o
mesmo participar activamente na elaboración do guión (ás veces sucede, pero non
sempre) a simplemente locutar un programa xa previamente deseñado por outra
persoa (que tamén sucede moitas veces). Pero en xeral, a experiencia de ir a
unha emisora “profesional”, onde hai material de calidade, e que utilizan
outras persoas adultas da cidade e da comarca para facer os seus propios
programas, dálle un plus de calidade que os rapaces e rapazas lembran durante
moito tempo. É unha desas experiencias inesquecibles que poden marcar a unha
persoa.
-A radio é diferente a outros medios baseados nas novas
tecnoloxías cos que os alumnos están máis familiarizados. Aínda así, para eles segue sendo una
experiencia tanto ou máis estimulante que a dos medios máis “actuais”. A que
cres que se debe?
A radio, como o teatro e outros medios menos “audiovisuais”,
levan anos sendo considerados case "en perigo de extinción", porque
aparentemente van contra a lóxica destes tempos. Pero aínda resisten moi ben.
No caso da radio, que nos ocupa aquí, non todo o mundo pode presumir de que
participou activamente na emisión dun programa. E as experiencias singulares
son as que nos marcan a vida. Pola contra, nos medios máis actuais e
audiovisuais de masas, máis ou menos todo o mundo ten presenza e experiencia.
-No referido aos temas, cales son os que tratades?
O eixo temático xeral é a cultura e sociedade galega, pero
as temáticas son moi amplas e flexibles. Destes máis de sete anos, xa lembro
literatura, música, arte, cine, teatro, ciencia, deporte, etc. Case calquera
idea que nos veña á cabeza saíu algunha vez en “A fume de carozo”. Como a idea
saíu do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), é lóxico que o eixo
vertebrador sexa ese, pero resulta moito máis amplo do que podería parecer a
simple vista.
-Traballas con alumnos de todas as etapas. Que aspectos
cambias en función da idade?
Non sei se será excesivo dicir que “traballo” con alumnos de
todas as etapas. Eu fago de técnico todos os martes, e son o que contacto cos
profesores que coordinan a eses alumnos. Noto que os máis pequenos veñen con
moitos nervios, en moitos casos non dormen ben na noite anterior. Os maiores teñen menos nervios, aínda que tamén
depende do seu carácter e do número de veces que viñeran á radio. Os das etapas
máis altas xa teñen táboas e nalgúns casos veñen interesados por subir nota (en
Bacharelato, por exemplo). A bote pronto, ocórrenseme todas estas
particularidades relacionadas coa idade, pero seguro que hai máis. Os ataques
de risa en directo son un “perigo” sempre latente con alumnos de calquera
etapa.
-Dis que hai algunha materia na que a gravación ten
incidencia na nota. Como se incorpora na programación?
En Galego obviamente si. Sobe unhas décimas na nota final da
avaliación. No que se refire a min, todos os anos no mes de novembro organizo
uns programas sobre científicos galegos, e as primeiras persoas ás que lles
ofrezo a posibilidade de participar son os alumnos matriculados na materia
optativa de TIC en 4º da ESO. Tamén aumenta unhas décimas na media final dese
primeiro trimestre. Eu incorpóroo no apartado de “ferramentas de avaliación”.
Hai que subliñar que, obviamente, é unha actividade voluntaria.
-Coñeces o caso dalgún alumno que descubrise a vocación
xornalística, ou outra semellante, coa experiencia?
Si, xa lembro uns cantos nestes anos. Aínda que falando
claro, o que lembro son casos de xente que xa tiña clara esa vocación.
Participar neste programa non fixo máis que afianzala e que xa puidesen sentir
o estimulante da experiencia antes de ir á Universidade.
-A nivel de dinamización da lingua galega son importantes
iniciativas coma esta. Houbo outras que utilizaras con anterioridade?
Eu, como tanta outra xente do meu centro, e doutros centros,
levamos anos “deixándonos a pel” na dinamización da lingua, así que esta
proposta é simplemente unha máis das moitas que temos feito. Cando eu era
alumno de 3º de BUP neste mesmo centro, naceu a revista CROA (hai case 30
anos). E cando se xubilou o profesor Benito Paz, fun o coordinador da revista
durante 10 anos seguidos. Levamos xa máis de 10 anos celebrando o Concurso
Cultural no mes de maio, e cada vez con máis éxito de público. Hai máis de 10
anos introducín a festa do Samaín no noso centro e, polo que se vai vendo, cada
vez ten máis éxito (aínda que eu xa hai anos que non colaboro na organización,
basicamente porque a vida e o tempo non me dá para máis). E seguro que quedan
iniciativas por citar, pero agora mesmo non as lembro, son moitos anos
cociñando cousas...
-No medio radiofónico ten moita importancia a música. Que
música poñedes en “A fume de carozo”?
Nisto teño que recoñecer que cando decidimos poñer en marcha
este proxecto no ano 2009, eu, que son un pouco “botado para adiante” de máis
nalgunhas ocasións, dixen que nese programa só iamos poñer música en galego.
Obviamente, todos sabíamos que a música galega produce moito folk e música
tradicional. Pero para intentar utilizar a música como vehículo normalizador,
facía falla moita máis variedade, e daquela eu non tiña moi claro se toda esa
variedade existía. Ou sexa, metaforicamente, podo dicir que “me tirei á piscina
sen mirar antes se tiña moita auga”. Pero, por sorte, había auga, moita, e moi
variada. Así que podemos presumir de levar 200 programas en 7 anos e medio e
practicamente (hai algunha excepción, pero xustificada) toda a música que
puxemos é en galego, ou instrumental de grupos galegos. E podo asegurar que é
un medio para dinamizar a lingua tremendamente poderoso. Por exemplo, lembro
alumnos que puxeron como politón do seu móbil a “Sementeira” de Fuxan os ventos
versionada por Astarot.
-Cambiamos de póla. Fálanos un pouco das Matemáticas. Hai
algún método innovador que incorporaras nos últimos tempos?
En 4º de ESO a nova profesora Beatriz López e mais eu
estamos intentando innovar con diferentes cousas. Este ano estamos probando a
facer en cada avaliación un exame específico de teoría, e así nos outros só
entran cuestións prácticas. Tamén imos estrear uns novos “exames” cooperativos,
en grupo e con libro, e con cuestións de formulación diferente ao habitual na
materia. A ver que tal resulta. Dende este curso, tamén van realizar en equipos
cooperativos diferentes proxectos como investigacións estatísticas, fotografía
matemática, xogos de cálculo mental do estilo de “Cifras e letras”... A cabeza
non para.
-Fuches un dos pioneiros no uso do blog como ferramenta
pedagóxica. Cóntanos algo da experiencia.
Obviamente, cos meus anos de voo no mundo da informática, o
blog é algo para min moi coñecido dende hai tempo. E hai uns cantos anos, cando
decidín darlle unha volta á materia de Informática en 4º de ESO, pareceume que
facer un blog cos alumnos no que, por exemplo, fixeramos divulgación
científica, era unha boa idea. Sempre hai algún alumno que pregunta “isto da
divulgación científica, que ten que ver coa informática?”, pero hai argumentos
moi poderosos para responder esa pregunta. Normalmente a participación dos
alumnos é bastante salientable, pero xa se sabe que uns anos son mellores que
outros, hai grupos aos que este tema lles chama moito a atención, e a outros
non tanto. Se non lembro mal, no curso pasado, publiquei máis de 500 artigos de
divulgación científica, que se di axiña....
-Por último, Roberto: levamos máis de 200 programas pero,
cal é o número final que che gustaría acadar? Do relevo aínda non falaremos…
Pois a min gustaríame moito falar de relevo, pero semella
que non é posible, de momento. Como todos sabemos, independentemente do tamaño
das organizacións e os colectivos, as cousas fanas as persoas. E o impulso e o
toque persoal que lle dea alguén a unha actividade pode facer que esa
actividade comece, remate ou modifique a súa traxectoria. Obviamente, a idea de
facer radio xa se lle ocorrera a máis xente antes, pero non sabían como levala
a cabo. Eu coñecín a emisora de radio comunitaria CUAC FM, e a xente que xa
estaba alí, coñecín as instalacións, aprendín a manexar a mesa de control
(nunca fixera cousa igual, pero a un informático non lle asustan os aparellos
electrónicos, claro), e o resto foi convencer aos profesores do centro de que
era factible. Non me gusta presumir, pero seguramente isto comezou e aínda
continúa (e seguirá por moito tempo, espero) porque o meu perfil competencial
resolve moitos dos problemas asociados ao proxecto. O feito de que eu resolva o
problema técnico todos os martes (na emisora CUAC FM ningún programa ten alí un
técnico profesional á súa disposición, cada programa que queira saír ao aire
ten que ser autónomo para emitir) xa derruba unha barreira infranqueable para a
maioría dos centros. Que ademais eu leve anos traballando no eido da cultura
galega e da dinamización (combinación pouco habitual coa competencia
informática e técnica), fai que resulte doado algo que podía ser case utópico.
Eu terei relevo cando apareza no colexio alguén cun perfil similar, pero témome
que iso non vai suceder en breve prazo. Así que é posible que o programa dure
mentres duren as miñas forzas e ilusións, que por outra parte gozan de boa
saúde.
Convidámosvos agora a visionar este vídeo, no que profes e
alumnos achegan a súa visión sobre os 200 programas: